PROFESIONAIS QUE ACEPTAN XIRINS
Dentro do Banco de Tempo de Lugo tamén cabe a posibilidade de ofrecer trocos a nivel profesional.
Tràtase de profesionais independentes e establecementos que deciden voluntaria e libremente aceptar o pago íntegro en xiríns ou o pago híbrido xiríns-euros.
Seguindo o exemplo destes profesionais que facilitan a asistencia a cursos, actividades, etc... sempre é positivo que máis membros profesionais se animen a esta práctica, ou que membros do Bdt que non sexan profesionais independentes tamén comenten estes beneficios a posibles establecementos ou outros profesionais autónomos que podan coñecer.
Cantos máis servizos e establecementos acepten xiríns, ou xiríns-euros, máis posibilidades de troco, máis beneficio para os membros do Bdt, e maior beneficio entre eses profesionais que se poden apoiar mutuamente nunca dinámica de comunidade, sempre beneficiosa para as súas profesións.
LISTADO DE MEMBROS PROFESIONAIS DO BDT QUE ACEPTAN PAGOS EN XIRINS
- Lola: Ofrece cursos de cestería a través da Asociación As Espigadoras que se poden abonar íntegramente en xiríns ou en formato híbrido xiríns-euros. Consultar en cada convocatoria. O seu facebook é: https://www.facebook.com/Obradoirodeoficios/
- Xose: Ofrece actividades de podas, cuidado de xardíns, forestais, etc. Acepta pago en xiríns, ou xiríns-euros entre os membros do Bdt. O seu blog: http://permaculturavencello.blogspot.com/
- Sonia Fernández Vázquez: conta cun consultorio na rúa da Cruz nº20 en Lugo Cidade. Ofrece masaxe californiano, reiki, gemoterapia e apertura de Registros Akashicos. Acepta xiríns e xiríns-euros nas súas sesións (consultar con ela). O seu Instagram é: https://www.instagram.com/p/CrvIV7rth10/
- Lucía Medina: Ofrece obradoiros de papel reciclado, calceta con 5 agullas para facer luvas e calcetíns, fiado de lá. Ofrece tamén os seus productos: libretiñas de papel reciclado, marcapáxinas de papel reciclado, contos artesanais, luvas de lá, calcetíns, gorros, calentadores, tapices (tamaño pequeno) e algunha que outra cousiña máis. (Consultar con ela) O seu blog é http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com/
Gustame o formato, por que se visualiza facilmente.
ResponderEliminar