viernes, 17 de noviembre de 2023

¿Cómo Formar Parte do Banco de Tempo de Lugo?

¿CÓMO FORMAR PARTE DO BANCO DE TEMPO DE LUGO?

 

Se queres formar parte do Banco de Tempo de Lugo o primeiro paso é contactar con equipo de Coordinación a través do email: bancotempolugo@yahoo.es

Unha vez que solicites o teu ingreso, o equipo de coordinación porase en contacto contigo para solicitarche certos datos. 

Tra-la entrega deses datos, recibirás unha notificación para realizar o chamado ACOLLEMENTO, que é un paso moi importante no Banco de Tempo. 

No Acollemento unha persoa do equipo de coordinación explicarache cómo funciona o Banco de Tempo, normas, dinámicas, etc... é moi importante que se comprenda ben todo e que gardes a información que se che proporcionará no Acollemento, xa que será necesaria para a vida dentro do Banco de Tempo de Lugo. 

A diferencia da dinámica cos euros, no Banco de Tempo de Lugo enfatízase máis PEDIR que ofrecer, xa que deste xeito é moito máis fácil fomentar os intercambios e que os novos membros vaian xerando xiríns para trocar. 

O importante dentro do Banco de Tempo de Lugo non é xerar xirins para trocar. Os xiríns só tan só unha invención simulada que fomenta o troco entre os membros, pero realmente o bonito é ter a oportunidade de poder intercambiar sen ter que usar euros. Deste xeito, o sentimento de beneficio é moi satisfactorio, porque hai bastantes membros que teñen horta propia e trocan alimentos de calidade, outros que, en vez de usar wallapop trocan en xirins, outros que ofrecen as suas servirtudes en xirins-euros, coa rebaixa en euros que iso supón. ¡Dende un corte de pelo ata masaxes, cursos, libros, alimentación natural! Os xiríns son só unha excusa para trocar evitando os euros. 

Nos teus primeiros días dentro do Bdt estáte atento a todos os correos! porque case todos os días hai oportunidades de troco. 

 ¡a trocar! 

 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.