domingo, 19 de noviembre de 2023

Resolución de Incidencias



En tódolos colectivos hai diferentes puntos de vista, incumplimentos de acordos, conflictos,
atascos na toma de decisións e de acordos, esquecementos, etc...


Isto é normal e inevitable, e case sempre é percibido de xeito negativo. Mais asumindo que é
unha parte máis da nosa evolución como grupo ¿porqué non miralo como unha oportunidade de
evoluir, desaprender algunhas inercias que temos e tentar utilizalo como algo formativo para
nós?


O conflicto é algo necesario para que o grupo sexa viable, autocrítico e creativo
Principios e métodos para a resolución de conflictos:


Cando teñamos un desencontro ou conflicto con outra banqueira, o mellor é tentar falalo en
persoa coa outra parte, e nunca usar o grupo de correo do banco para tentar solucionar un
conflicto.


-Tentar sempre que a comunicación sexa o máis completa posible: mellor fisícamente que
telefónicamente, e tentar evitar sempre comunicación vía internet ou mensaxería.
- Falar, falar, falar, escoitar, escoitar
- Tentar non prexulgar nen xulgar a ninguén
- Non hai “persoas conflictivas”, todas podemos ser parte dalgún conflicto
- Dar tempo. Calma, deixar que as cousas e os sentimentos apousen se é o caso
- O conlicto ou o desacordo non son “malos”
- Sentidiño do humor que sempre axuda nas situacións tensas. Tentar rirnos de nós mesmas,
afastándonos mentalmente do problema
Se non se atopa unha solución, o ideal é que cada unha das partes busque a outras banqueiras
que poidan mediar e buscar unha solución. Neste caso, as persoas que axudemos no proceso
debemos:
- Non xulgar nen decidir unha solución, só dinamizar, sendo propositivas, xa que a solución final
ten que ter aceptada polas dúas partes
-Ter algo de coñecemento do funcionamento do banco do tempo e ter moita paciencia e orellas
ben grandes (escoitar), tentando non posicionarase a favor de ninguha das partes
independentemente da nosa opinión persoal.
- Aplicar tódolos puntos anteriores e ofrecer solucións ás partes, animándoas a que aporten
ideas e faciliten o proceso.


No caso de non atoparse solución, haberá que falar do tema na asamblea, para que ésta
decida que facer. Tede en conta que as asembleas non son boas para informar dos
conflictos ou tratalos (demasiadas persoas observando, ambiente ás veces tenso, presas,
etc...)

 Por isto, será necesario ser moi coidadosas na asemblea e tentar crear un ambiente o
máis distendido e respetuoso posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.