sábado, 18 de noviembre de 2023

Profesionais que Aceptan Xirins

 PROFESIONAIS QUE ACEPTAN XIRINS


Dentro do Banco de Tempo de Lugo tamén cabe a posibilidade de ofrecer trocos a nivel profesional. 

 

Tràtase de profesionais independentes e establecementos que deciden voluntaria e libremente aceptar o pago íntegro en xiríns ou o pago híbrido xiríns-euros. 

 Seguindo o exemplo destes profesionais que facilitan a asistencia a cursos, actividades, etc... sempre é positivo que máis membros profesionais se animen a esta práctica, ou que membros do Bdt que non sexan profesionais independentes tamén comenten estes beneficios a posibles establecementos ou outros profesionais autónomos que podan coñecer.

Cantos máis servizos e establecementos acepten xiríns, ou xiríns-euros, máis posibilidades de troco, máis beneficio para os membros do Bdt, e maior beneficio entre eses profesionais que se poden apoiar mutuamente nunca dinámica de comunidade, sempre beneficiosa para as súas profesións. 

 

LISTADO DE MEMBROS PROFESIONAIS DO BDT QUE ACEPTAN PAGOS EN XIRINS

 

  • Lola: Ofrece cursos de cestería a través da Asociación As Espigadoras que se poden abonar íntegramente en xiríns ou en formato híbrido xiríns-euros. Consultar en cada convocatoria. O seu facebook é: https://www.facebook.com/Obradoirodeoficios/
     
  • Sonia Fernández Vázquez: conta cun consultorio na rúa da Cruz nº20 en Lugo Cidade. Ofrece masaxe californiano, reiki, gemoterapia e apertura de Registros Akashicos. Acepta xiríns e xiríns-euros nas súas sesións (consultar con ela). O seu Instagram é: https://www.instagram.com/p/CrvIV7rth10/ 

  • Lucía Medina: Ofrece obradoiros de papel reciclado, calceta con 5 agullas para facer luvas e calcetíns, fiado de lá. Ofrece tamén os seus productos: libretiñas de papel reciclado, marcapáxinas de papel reciclado, contos artesanais, luvas de lá, calcetíns, gorros, calentadores, tapices (tamaño pequeno) e algunha que outra cousiña máis. (Consultar con ela) O seu blog é http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com/ 


 

1 comentario:

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.