domingo, 19 de noviembre de 2023

Novos Membros: ¿Qué espero do BdT Lugo?

Cando se ingresa no Banco de Tempo de Lugo moitos novos membros esperan diferentes cousas en función das súas expectativas, sendo a máis común e habitual o pensar que se trata dunha comunidade. 


O Banco de Tempo de Lugo NON é unha comunidade. Tratase dun espazo de troco no que persoas de diferente perfil, pero con valores similares, deciden unirse para trocar. Esta decisión responde a unha ética moi persoal que responde ao ¿porqué trocar en xiríns cando podo obter euros polo wallapop? por exemplo. A resposta reside en CRER que outros sistemas de troco son posibles, e o Banco de Tempo de Lugo é un deles. 

No BdT Lugo se coñece xente de valores afíns, pero é un espacio tan aberto como a propia sociedade, onde uns trocan máis, outros menos, onde uns fan amistades mentras outros quizá non acaben de encaixar a membresía. Todo està ben. 

Dentro do Banco de Tempo de Lugo hai membros que fixeron amistade e sí son unha pequena comunidade entre eles, incluso chegando a crear un grupo propio fóra do Bdt para trocar entre eles sen euros, pero non necesariamente é o que hai que esperar cando pasas a formar parte do Bdt Lugo.

¿Que é mellor NON esperar?

-Non esperes atoparte unha comunidade de persoas que de repente pasan a ser os teus amigos... Quizais poderàs coñecer xente maravillosa coa que fagas amistades, pero como en todo... iso dependerà da experiencia de cada un. 

-Non esperes atoparte un espazo 100% coordinado que funciona semellante a unha organización. O Banco de Tempo de Lugo està moi ben coordinado, pero iso é gracias a labor voluntaria de membros moi implicados que velan e fan por esa coordinación. Todos os membros poden coordinar, incluso os recén chegados. O Bdt Lugo é unha estructura horizontal de membros auto-coordinados. Os màis implicados ou os que màis creen neste modo de trocar teñen a oportunidade de coordinar, dinamizar, crear, etc... pero non deixa de ser unha labor voluntaria. 

¿Qué esperar entón?

A realidade é que o Bdt Lugo é un espazo creado para cubrir necesidades, reutilizar cousas que non precisamos, axudarnos mutuamente... en definitiva, para tratar de vivir mellor sen gastar euros ou reducindo a cantidade de euros entre os trocos (como ocorre coas actividades e productos dos membros profesionais)

-Podes esperar ter acceso a trocos sen euros en productos e "servirtudes" (positivización de ser-vicios) entre os membros

-Podes esperar poder trocar totalmente en xirins ou en xirins-euros en servirtudes e productos que ofrecen membros do BdT Lugo que son profesionais independentes. 

-Podes esperar coñecer a persoas con este tipo de valores.

-Podes esperar a oportunidade de formar parte e participar nun sistema alternativo de troco, màis horizontal, local e natural. 

¡Anímate a probar! ¡claro que vas a coñecer xente! pero recorda que é coma na propia sociedade... haberà xente màis afín e xente non tan afín

¡Benvid@s!







No hay comentarios:

Publicar un comentario