martes, 18 de mayo de 2010

Os xirins, a moeda do Bdt


OS XIRÍNS

 

 

 

A moeda oficial do Banco de Tempo de Lugo son os xiríns. Como ben di o seu nome, fai honor ao xirín, ese precioso páxaro que coa súa cor e voo nos chea de alegría e de esperanza ¡sí! ¡outra forma de facer as cousas é posible!

 ¿De qué maneira a dinámica en xiríns é diferente?

 1) a unidade de intercambio é 1 hora. 1 hora = 10 xiríns.  Non importa se o intercambio se da entre un astronauta e unha limpadora, a hora de tempo de ambas persoas ten o mesmo valor. Porque o intercambio é entre persoas, e o tempo de ambas persoas na súa vida vale o mesmiño: 10 xiríns.

2) tamén é posible intercambiar productos por xiríns. Neste caso cada quen decide por cantos xiríns ofrece o que quere ofertar. Cabe destacar a grandiosa xenerosidade que abunda entre os membros do Bdt nesta práctica. 

3) non se fomenta a acumulación de moeda. No Banco de Tempo de Lugo non gusta moito que se acumulen xiríns, xa que, como ao páxaro, gústanlle voar de un troco a outro. Hai certos límites de acumulación de xiríns, e incluso unha pequena penalización. ¡Que voen os xiríns! para iso foron creados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.