sábado, 18 de noviembre de 2023

Puntos de Intercambio

Nesta entrada noméanse os puntos de intercambio para os trocos en productos dentro do Bdt:

1) A Cova do Raposo. Tenda de alimentación ecolóxica, ofrece un espazo na tenda para que os membros troquen entre sí

2) Bico de Grao. Tenda de alimentación ecolóxica, ofrece un espazo na tenda para que os membros troquen entre sí

3) Palacio de Congresos de Lugo (à saída, no rio Miño). Un dos membros permite usar parte dunha oficina que ten para estos trocos

4) Vilalba. 

Espacios para trocos x servirtudes: 

Cando entre os membros quedan para trocar servirtudes como un corte de pelo, un curso, unha clase, etc hai varias opcións:

1) o uso do espacio do Centro Social A Hedreira, aínda que consultando antes co centro para ter o seu permiso. 

2) a casa dun membro

3) un espacio natural

4) a biblioteca pública de Lugo cidade

5) outros lugares a imaxinación dos membros

Espacios para trocos de membros profesionais que aceptan pagos en xirins ou xirins-euros

1) Bico de Grao. Conta cun espazo de actividades. Hai que consultar primeiro. Si a actividade se paga íntegramente en xirins non ten custe en euros, pero si hai euros polo medio, é dicir, cun custe en euros para acceder à actividade, pàgase un 20% ao establecemento por persoa que asista. 

2) Os espacios profesionais propios de cada membro

3) Os espacios que cada membro elixa en base a actividade a ofertar. 



 

¿En qué gastar os xiríns?

Unha das situacións que se adoita dar entre os membros màis activos é a acumulación de xirins que despois non saben en qué trocar. 

Para eses xirins-millonetis vai este artigo... porque non é o mesmo manexar 30 xiríns, que 300. 


Formas de gastar esos xiríns: 

1) A mellor forma de invertir esos xiríns é apostando por algunha actividade ofrecida por algún membro profesional que ofrece o pago en xiríns ou euros-xiríns: cursos, masaxes, "servirtudes" (positivización de ser-vicios) tipo arreglos de xardíns, etc. Neste link atópanse todos esos profesionais que estaràn encantados de recibir esos xiríns polo que ofrecen. 

2) Doando xiríns ao propio Banco de Tempo para que non teña que crear màis xirins ou para que conte cunha maior bolsa de xiríns en beneficio de todos os membros: as veces cando un membro abandona o Bdt non deixa a conta cos 30 xiríns iniciais que se aportan para fomentar os trocos. Doar certa cantidade de xiríns axuda a restablecer estas posibles perdas. Por outro lado, a doación de xiríns ao Bdt para un fin concreto, tipo: uso dun espacio ou troco por algunha necesidade do propio banco, é tamén unha boa opción para facer circular novamente os xiríns

3) Cada día os membros do Bdt adoitan ofrecer productos de troco por xiríns. Ainda que non teñas moitas necesidades, ¡anímate a trocar algo màis e usar esos productos para regalos a persoas fóra do Bdt! aforraràs euros ¡seguro!... :)

4) Fai unha proposta ao grupo expoñendo unha necesidade concreta que teñas e que poida supor unha cantidade considerable de xiríns... seguro que moitos membros estaràn encantados de poder acceder à totalidade ou parte de esa necesidade. 

Re-corda que non importa si se fala de xiríns ou de euros... o importante é o equilibrio. Se che sobran moitos xiríns quizà estés ofrecendo moito màis que pedindo, e viceversa (se che faltan xiríns é porque pides mài do que ofertas). En calquera caso é un desequilibrio que a propia persoa debe de observar e correxir. 

Enton qué... ¿animaste a trocar os teus xiríns? Ahí acumulados non fan nada... ¡queren voar a trocar!

Profesionais que Aceptan Xirins

 PROFESIONAIS QUE ACEPTAN XIRINS


Dentro do Banco de Tempo de Lugo tamén cabe a posibilidade de ofrecer trocos a nivel profesional. 

 

Tràtase de profesionais independentes e establecementos que deciden voluntaria e libremente aceptar o pago íntegro en xiríns ou o pago híbrido xiríns-euros. 

 Seguindo o exemplo destes profesionais que facilitan a asistencia a cursos, actividades, etc... sempre é positivo que máis membros profesionais se animen a esta práctica, ou que membros do Bdt que non sexan profesionais independentes tamén comenten estes beneficios a posibles establecementos ou outros profesionais autónomos que podan coñecer.

Cantos máis servizos e establecementos acepten xiríns, ou xiríns-euros, máis posibilidades de troco, máis beneficio para os membros do Bdt, e maior beneficio entre eses profesionais que se poden apoiar mutuamente nunca dinámica de comunidade, sempre beneficiosa para as súas profesións. 

 

LISTADO DE MEMBROS PROFESIONAIS DO BDT QUE ACEPTAN PAGOS EN XIRINS

 

  • Lola: Ofrece cursos de cestería a través da Asociación As Espigadoras que se poden abonar íntegramente en xiríns ou en formato híbrido xiríns-euros. Consultar en cada convocatoria. O seu facebook é: https://www.facebook.com/Obradoirodeoficios/
     
  • Sonia Fernández Vázquez: conta cun consultorio na rúa da Cruz nº20 en Lugo Cidade. Ofrece masaxe californiano, reiki, gemoterapia e apertura de Registros Akashicos. Acepta xiríns e xiríns-euros nas súas sesións (consultar con ela). O seu Instagram é: https://www.instagram.com/p/CrvIV7rth10/ 

  • Lucía Medina: Ofrece obradoiros de papel reciclado, calceta con 5 agullas para facer luvas e calcetíns, fiado de lá. Ofrece tamén os seus productos: libretiñas de papel reciclado, marcapáxinas de papel reciclado, contos artesanais, luvas de lá, calcetíns, gorros, calentadores, tapices (tamaño pequeno) e algunha que outra cousiña máis. (Consultar con ela) O seu blog é http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com/ 


 

Próximas Actividades

PRóXIMAS ACTIVIDADE

  • Mercadiño de Troco: Sábado 24 de febreiro 2024, dende as 11:00 am ata mediodía
Asamblea posteriormente



ACTIVIDADES DE PROFESIONAIS DO BDT QUE ACEPTAN PAGOS EN XIRINS






viernes, 17 de noviembre de 2023

¿Cómo Formar Parte do Banco de Tempo de Lugo?

¿CÓMO FORMAR PARTE DO BANCO DE TEMPO DE LUGO?

 

Se queres formar parte do Banco de Tempo de Lugo o primeiro paso é contactar con equipo de Coordinación a través do email: bancotempolugo@yahoo.es

Unha vez que solicites o teu ingreso, o equipo de coordinación porase en contacto contigo para solicitarche certos datos. 

Tra-la entrega deses datos, recibirás unha notificación para realizar o chamado ACOLLEMENTO, que é un paso moi importante no Banco de Tempo. 

No Acollemento unha persoa do equipo de coordinación explicarache cómo funciona o Banco de Tempo, normas, dinámicas, etc... é moi importante que se comprenda ben todo e que gardes a información que se che proporcionará no Acollemento, xa que será necesaria para a vida dentro do Banco de Tempo de Lugo. 

A diferencia da dinámica cos euros, no Banco de Tempo de Lugo enfatízase máis PEDIR que ofrecer, xa que deste xeito é moito máis fácil fomentar os intercambios e que os novos membros vaian xerando xiríns para trocar. 

O importante dentro do Banco de Tempo de Lugo non é xerar xirins para trocar. Os xiríns só tan só unha invención simulada que fomenta o troco entre os membros, pero realmente o bonito é ter a oportunidade de poder intercambiar sen ter que usar euros. Deste xeito, o sentimento de beneficio é moi satisfactorio, porque hai bastantes membros que teñen horta propia e trocan alimentos de calidade, outros que, en vez de usar wallapop trocan en xirins, outros que ofrecen as suas servirtudes en xirins-euros, coa rebaixa en euros que iso supón. ¡Dende un corte de pelo ata masaxes, cursos, libros, alimentación natural! Os xiríns son só unha excusa para trocar evitando os euros. 

Nos teus primeiros días dentro do Bdt estáte atento a todos os correos! porque case todos os días hai oportunidades de troco. 

 ¡a trocar! 

 

 



jueves, 26 de agosto de 2010

Obradoiro lavado de Lá

Tal e como dixemos, xa comezou o proceso de tratamento da lá, e aqui xuntamonos a frotar sen parar!

Despois ven a fase de cardado, fiado, tinguido e a quentarse que chega o inverno!!

viernes, 6 de agosto de 2010

Obradoiro de cesteria de Tetabri

De novo a voltas cos obradoiros, para achegarnos pouco a pouco a autosuficiencia e aproveitando os recursos que calquera ten na casa, a non ser que teñas a vaca, directamente. Graciñas moitas a tódala xente que veu e a reproducir ideaaas!


Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.