sábado, 18 de noviembre de 2023

¿En qué gastar os xiríns?

Unha das situacións que se adoita dar entre os membros màis activos é a acumulación de xirins que despois non saben en qué trocar. 

Para eses xirins-millonetis vai este artigo... porque non é o mesmo manexar 30 xiríns, que 300. 


Formas de gastar esos xiríns: 

1) A mellor forma de invertir esos xiríns é apostando por algunha actividade ofrecida por algún membro profesional que ofrece o pago en xiríns ou euros-xiríns: cursos, masaxes, "servirtudes" (positivización de ser-vicios) tipo arreglos de xardíns, etc. Neste link atópanse todos esos profesionais que estaràn encantados de recibir esos xiríns polo que ofrecen. 

2) Doando xiríns ao propio Banco de Tempo para que non teña que crear màis xirins ou para que conte cunha maior bolsa de xiríns en beneficio de todos os membros: as veces cando un membro abandona o Bdt non deixa a conta cos 30 xiríns iniciais que se aportan para fomentar os trocos. Doar certa cantidade de xiríns axuda a restablecer estas posibles perdas. Por outro lado, a doación de xiríns ao Bdt para un fin concreto, tipo: uso dun espacio ou troco por algunha necesidade do propio banco, é tamén unha boa opción para facer circular novamente os xiríns

3) Cada día os membros do Bdt adoitan ofrecer productos de troco por xiríns. Ainda que non teñas moitas necesidades, ¡anímate a trocar algo màis e usar esos productos para regalos a persoas fóra do Bdt! aforraràs euros ¡seguro!... :)

4) Fai unha proposta ao grupo expoñendo unha necesidade concreta que teñas e que poida supor unha cantidade considerable de xiríns... seguro que moitos membros estaràn encantados de poder acceder à totalidade ou parte de esa necesidade. 

Re-corda que non importa si se fala de xiríns ou de euros... o importante é o equilibrio. Se che sobran moitos xiríns quizà estés ofrecendo moito màis que pedindo, e viceversa (se che faltan xiríns é porque pides mài do que ofertas). En calquera caso é un desequilibrio que a propia persoa debe de observar e correxir. 

Enton qué... ¿animaste a trocar os teus xiríns? Ahí acumulados non fan nada... ¡queren voar a trocar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.