lunes, 28 de junio de 2010

Obradoido de fieltro II






Aqui tedes unhas foticos do último obradoiro de fieltro que fixemos, proximamente festa de lavar lá, cardar, fiar... en varias xornadas, xa vos iremos informando!!

miércoles, 26 de mayo de 2010

MERCADIÑO DE TROCO E DOAZON

Cada xoves primeiro de mes ás 19.00 h temos o
MERCADIÑO DE TROCO DE DOAZON,
no C.S. Vagalume de Lugo (Rúa Noreas).

O proximo será o vindeiro xoves 3 de XUÑO. Podedes traer todo tipo de utensilios para trocar, por outras cousas ou servizos, a gusto de cada quen.
Par ver algún dos que xa fixemos, preme aqui.

martes, 18 de mayo de 2010

Os xirins, a moeda do Bdt


OS XIRÍNS

 

 

 

A moeda oficial do Banco de Tempo de Lugo son os xiríns. Como ben di o seu nome, fai honor ao xirín, ese precioso páxaro que coa súa cor e voo nos chea de alegría e de esperanza ¡sí! ¡outra forma de facer as cousas é posible!

 ¿De qué maneira a dinámica en xiríns é diferente?

 1) a unidade de intercambio é 1 hora. 1 hora = 10 xiríns.  Non importa se o intercambio se da entre un astronauta e unha limpadora, a hora de tempo de ambas persoas ten o mesmo valor. Porque o intercambio é entre persoas, e o tempo de ambas persoas na súa vida vale o mesmiño: 10 xiríns.

2) tamén é posible intercambiar productos por xiríns. Neste caso cada quen decide por cantos xiríns ofrece o que quere ofertar. Cabe destacar a grandiosa xenerosidade que abunda entre os membros do Bdt nesta práctica. 

3) non se fomenta a acumulación de moeda. No Banco de Tempo de Lugo non gusta moito que se acumulen xiríns, xa que, como ao páxaro, gústanlle voar de un troco a outro. Hai certos límites de acumulación de xiríns, e incluso unha pequena penalización. ¡Que voen os xiríns! para iso foron creados.



Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.